Sistema de alimentación propio dos vexetarianos
Etimoloxía
Adaptación do equivalente inglés vegetarianism.
Exemplos *
“A superación dos tabús que rodeaban o corpo feminino fan confluír ponlas do feminismo con outras liñas de pensamento como o naturista ou o vexetarianismo.” (Carmen Blanco: O contradiscurso das mulleres, 1995)
“Aínda que non me fíe demasiado do vexetarianismo deses bichos, estou disposto a correr o risco.” (Xoán Bernández Vilar: Big-Bang, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.