Dobre liña de raís paralelos e travesas sobre as que estes van asentados, por onde circulan os trens, tranvías etc.
Etimoloxía
Do via, -ae latino, ‘estrada’ ou ‘rúa’.
Exemplos *
“Ás veces camiñaba pola verediña que vai a par da vía, pro somellábame que non adiantaba tanto e quedábame lonxe do Crisanto, que ía diante ás alancadas.” (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, 1962)
“Saímos coma relampos pola Corredoira Vella e cruzamos a vía do tren en Souto Vello, por debaixo da horta de Filgueiras” (Sindo Seixido: A gloria é un afiador, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.