viaduto

Ponte coa que unha estrada ou vía férrea salva unha depresión, un lugar habitado, outra vía etc.

Etimoloxía

Palabra creadas coas voces latinas via 'camiño' e ductus 'condución', seguindo o modelo de acueduto.

Exemplos *

“Faga unha ponte, un viaduto, un desvío, unha circunvalación? O que vostede queira. Debuxar no mapa das enxeñerías pendentes o que mellor acaia, pero non acabe o seu mandato sen eliminar xa as condenadas curvas da fermosa e nobre vila de Guntín.” (Henrique Alvarellos: Galicia Hoxe, 2009)

“Outro veciño que habita a uns catro quilómetros do lugar dos feitos explicou que está afeito escoitar o son da dilatación que se produce ao paso dos coches por un viaduto próximo á súa casa, pero que pasadas as 9.00 horas escoitou un ruídos secos, que era diferente.” (Redacción: Tempos Galegos, nº 3, 1-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.