viandante

Persoa que camiña por unha vía, rúa, camiño etc.

Etimoloxía

Voz que se forma con estoutras dúas “vía” que procede do latín viam ‘camiño’ e “andante” que é o participio presente do verbo “andar”.

Exemplos *

“Demoreime un anaco pasmando entre os viandantes, desfrutando co espectáculo das xentes laboriosas, que aproveitaban o impulso mañanceiro para facer circular o sangue nas veas da cidade.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

“Cun escenario feito dunha paisaxe así de murcha e co aire frío batendo nos rostros dos viandantes, os pensamentos han de ser por forza tristeiros. (...) Porque Stortorget é unha praza entre pontes , e por riba unha praza triste , vencellada á violencia da vida.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.