viaxe

Desprazamento a un lugar ou país para visitalo.

Etimoloxía

Chegou desde o occitano viatge, orixinado do latín viaticum –i ‘provisións para viaxar’.

Exemplos *

“Comezaba unha viaxe que ía levalos a quen sabe onde. A viaxe de dous namorados, o amor de dous aventureiros, ningún dos dous coñecen fronteiras.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)

“… quedamos anoados polas lembranzas e os silencios arrastrados sobre as nosas conciencias despois daquela viaxe que realizaramos os tres ata Londres movidos pola ilusión de cumprir os soños que nos espreitaban.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí