Persoa que fai unha viaxe, especialmente cando esta é longa
Etimoloxía
Voz derivada sobre “viaxe” que procede do catalán viatge de significado semellante, e que nos leva ao latín viatĭcum ‘o que cómpre para un viaxe’.
Exemplos *
“Somos viaxeiros, vale, porque queremos coñecer os lugares que visitamos "de verdade" e fuxir das masas turísticas.” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 2014)
“Sabemos que as primeiras viaxeiras á Galiza eran persoas especiais, que se afastaban da norma para coñeceren as terras da costa norte. Eran intelectuais, escritoras e/ou educadoras. Tiñan preparado a conciencia as súas viaxes e tiñan obxectivos que querían acadar.” (Kathleen March: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


