videoclip

Vídeo musical.

Etimoloxía

Chega ao galego desde o inglés videoclip 'vídeo curto'.

Exemplos *

"O cantante pop deuse o luxo a última fin de semana de bailar e de cantar para a filmación dun polémico 'videoclip', no que protesta pola pobreza." (Aldo R. Villouta: O Correo Galego 12-02-1996)

"Puiden ver un videoclip de espanto nos ollos da villa." (Manuel Rivas: ¿Que me queres amor?)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.