Xogo electrónico interactivo que se visualiza nunha pantalla e que lle permite, a un ou máis xogadores, simular distintos xogos e pasatempos.
Etimoloxía
Composto froito da unión de vídeo do inglés video e este do verbo latino videre 'ver' máis xogo procedente do termo latino jocus 'broma'.
Exemplos *
"Na beira esquerda do Lérez, no vello barrio da Moureira, Marta, mociña de trece anos, intenta chegar ó final do videoxogo O Tesouro de Montelouro antes da hora da cea." (Xesús Franco González: Anxos en tempos de chuvia)
"Apagou o ordenador que o seu fillo pequeno, Brais, deixara aceso cun videoxogo" (Jaureguizar: As horas sucias)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


