Arte de fabricar vidro / Establecemento no que se fabrica ou vende vidro
Etimoloxía
Vocábulo que deriva de “vidro” e este do latín vitreum 'cousa de vidro', que nos leva a vitrum 'vidro'.
Exemplos *
“As nosas normas, editado con cálida elegancia, e escrito xa hai case douscentos anos, que narra con linguaxe sinxela unha travesía entre Estocolmo e Arboga, na que se coñecen un sarxento e unha moza que rexenta unha vidraría.” (Estro Montaña: Faro de Vigo, 2-12-2021)
“A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, por exemplo, colaborou a establecer escolas de música, modelado, debuxo ou vidraría artística entre outras.” (Consello Económico e Social de Galicia: Sistemas artesanais en Galicia. Unha ollada contemporánea, 2024)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


