vidreiro, -a

Persoa que fabrica ou vende obxectos de vidro

Etimoloxía

Termo que se crea sobre “vidro” que vén do latín vitru de significado semellante.

Exemplos *

“Ademais, colleu sona de choqueiro cando se soubo que lle encargara a uns vidreiros a construción dunha xigantesca peixeira que non cabía polas portas dentro da propia casa.” (Xavier Lama: Os moradores da nada, 1995)

“Outros elementos da catedral compostelá como a sancristía e a súa portada , as capelas de San Fernando — as pinturas das cales se encargaron ao vidreiro Sixto de Frisia e na que traballou Pedro Noble nos anos corenta —, das Reliquias, de Mondragón, de Alba e da Concepción vincúlanse tamén coas fórmulas proto-renacentistas .” (Ofelia Rey Castelao: A Galicia clásica e barroca, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.