vidro

Cada unha das placas delgadas e transparentes feitas desta substancia, que se colocan nas portas e ventás

Etimoloxía

Voz que procede do latín vitrum de significado semellante.

Exemplos *

“Vén o ritmo do mar contra as xanelas, / contra os vidros da néboa onde se escriben / nomes inexistentes que me calan.” (Salvador García-Bodaño: Cidade virtual, 2003)

“Érguese. Mira cara á nave de traballo. O vidro ten unha cotra de po e humidade graxenta. Séntese no interior dun acuario descoidado.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias do Oeste, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.