vieiro

Camiño estreito formado a forza de pasaren por el a pé persoas e animais

Etimoloxía

Termo que procede do latín viariu que se forma tamén sobre via ‘camiño’.

Exemplos *

“Unha rúa... Non é moito, en realidade, se o compararmos cos centos de vieiros que ese home abriu para tantos perseguidos, facéndolles posible a vida e a liberdade." (Carlos Penela: Galicia Hoxe, 1-3-2011)

“A nao do Ideal, neve fiada as velas, sulca, pomba do mar, vieiros non sulcados leixando á popa, no longal ronsel, de cada singladura os desenganos.” (Ricardo Carballo Calero: Vieiros, 1931)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.