vila

Entidade de poboación máis pequena ca a cidade e máis grande ca a aldea, que en Galicia adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou dunha comarca.

Etimoloxía

Tomouse da forma latina villa, -ae 'casa de campo' ou 'granxa'.

Exemplos *

"… na cidade sería doutro xeito, pero alí na vila a xente maliciábase e ela non quería que o seu nome empezase a andar en boca de ninguén …" (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)

"Santiago é unha cidade con trazas e aparencia de vila, ou quizabes mesmo de aldea." (Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.