vilipendio

Acción e efecto de vilipendiar, facer que alguén sexa obxecto de desprezo, dunha ofensa, de inxurias etc., ben sexa de palabra ou de obra

Etimoloxía

Termo que bebe do baixo latín vilipendium ‘desprezo’ que sería un composto froito do encontro das voces vil e pendere.

Exemplos *

“Acompañaba o camorrista os seus vilipendios cun trucar insufríbel. Podía aturar os insultos, tiña un certo adestramento familiar, mesmo o seu turrar de cabuxo, pero non era quen de sufrir as olladas das nenas.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“O vilipendio, o conto, o ruxerruxe... son actividades que, como fungos, adoitan agromar alí onde se xuntan dúas ou máis persoas e das cales todos podemos ser vítimas.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.