Arbusto caducifolio da familia das salicáceas de ata dez metros de altura, con pólas delgadas e flexibles, follas lanceoladas alternas e froito en cápsula
Etimoloxía
Palabra que deriva de “vimbio” que bebe no latín vimene ‘vara flexible’.
Exemplos *
“(...) logo Nandiño pechou o Miño e así naceu o Sil, que non leva a fama que merece, e por iso as praias fluviais teñen tanta pedra e tanta vimbieira polas marxes.” (Manuel Seixas: A velocidade do frío, 1996)
“Pero axiña viramos á esquerda, cara o Sar e a súa veiga de ameneiros e amarelas vimbieiras non, coloradas con forza, onde navegan os restos do esquelete dun regadío de formigón inútil, impracticábel.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.