vimbio

Vara de vimieiro fina, longa e flexible

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde o latín vimina que é o plural de vimen de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Non houbo galos / para a mañá triste dos seus ollos mortos. / O home da cor da herba ben o sabe / e sábeo o río / e o arado / e os montes e os vimbios tamén o saben.” (Salvador García-Bodaño: Cantos de ausencia. Elexías, (1959-2002), 2004)

“Intercambiaron, pois, o bote, que o Rederrota xa estaba preparado, con dúas canas, a tanza, o cesto de vimbio, e unha manta, ademais do cebo, e dixéronlle adeus dende o peirao mentres A Muradana volvía a navegar as ondas.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Frimamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.