vinculeiro, -a

Fillo que herda os bens vinculados, que non poden ser divididos.

Etimoloxía

É unha forma derivada de vinculum 'atadura'.

Exemplos *

"… o vinculeiro señor Fuco, que por casar con Pimpinela morre de felicidade." (Castelao: "Prólogo" de Os vellos non deben de namorarse)

"Pero ó vinculeiro gustáballe poñer escola, á parte do pracer de ensinar, por ter algo de seu, que así e todo o vello seguía mandando na casa, e na bolsa máis aínda." (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.