vinda

Acción de vir

Etimoloxía

Termo que procede do verbo “vir” que se deriva do latino venire con idéntico significado.

Exemplos *

“Abriu os ollos e desexou atopa-la ollada sorrinte da azafata que os atendera, a el e mais a Celia, na xa afastada viaxe de vinda; pero non tiña diante nin a unha, nin a outra.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)

“A última vez que o vin, falaba desde un pazo romano nun programa de televisión sobre a vinda do Papa a Santiago nun ano xacobeo, non lembro ben cal foi.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.