viola

Instrumento musical de corda semellante ao violín pero un pouco máis grande ca este

Etimoloxía

Palabra que procede da provenzal viula que significaba ‘instrumento musical de corda’.

Exemplos *

“Pianos, violíns, arpas barrocas, laúdes, violas, guitarras, palmas e portentosas voces serán os encargados de acender as noites viguesas e deleitar ao público dentro do marco do heteroxéneo festival Are-More 2002.” (Mar Barros: A Nosa Terra, 7-11-2002)

“Nemesio chegou ó pórtico do Paraíso onde se entretivo contando os anciáns do coro de pedra no pórtico. De esquerda a dereita, en arco, botou que saían vintecatro músicos. Despois reparou en que nove das figuras tanxían violas.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.