Maneira de actuar na que se fai uso da forza física ou da intimidación moral contra algo ou alguén
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde o latino violentia ‘violencia’, ‘fereza’ ou ‘ímpeto’.
Exemplos *
“E, desde logo, é clave que abordemos a cuestión da violencia contra as mulleres, outra das grandes mostras de ata que punto existe a desigualdade e das graves consecuencias que ten.” (Susana Pedreira: Luzes, 15, 11-2016)
“El era ben educado e non gustaba nada de agresividades, nin de violencias, e, de feito, a súa casa sempre estaba aberta para todo o mundo.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


