violeta

Planta herbácea da familia das violáceas, de follas cordiformes e flores pequenas moi recendentes, xeralmente de cor morada clara

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “viola” que procede do vocábulo latino viola co mesmo significado.

Exemplos *

“(...) aquela tartaruga milenaria que un meu avó traficara un día nun mercado de Montevideo, a mesma que se retiraba cada outono ó seu refuxio subterráneo para reaparecer na primavera, na semana na que agroman as primeiras flores, malvas e violetas.” (Xavier Queipo: Ringside / A Perla negra, 1993)

“Eu non fun quen de pegar ollo. Levanteime co galo e saín á horta con arrecendo a verde e a violetas.” (Beatriz Lorenzo López: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Bonecas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.