Vento particularmente frío e desagradable.
Etimoloxía
Descoñécese a súa orixe.
Exemplos *
"Ela ollaba encollida e abrazada a si mesma pola viruxe da noite e o reparo ante aquela escena." (Suso de Toro: Calzados Lola)
"A viruxe fría entra no apartamento, abaneando as cortinas mentres escribe a primeira, e última, frase do Don Xoán, quizais perseguindo o derradeiro ecoar da pedantería poética de Henrique …" (Laura Caveiro: As naos afondando)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


