visgo

Planta leñosa e perenne, de follas lanceoladas opostas, flores amarelas e froito en baga, que vive parasita sobre troncos e pólas de árbores.

Etimoloxía

Vén da denominación latina viscum, –i con significado semellante.

Exemplos *

"Pasou uns días estupendos e mesmo levou a sorpresa de atopar o barrio atacado de neve artificial e visgos en moitas portas, as das casas contiguas sen ir máis lonxe." (Alejandro Tobar: Cremalleiras)

"Para os druídas, así lle chaman aos seus magos, non hai nada máis sagrado que o visgo e a árbore na que prende, o carballo." (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe non tempo pola cultura celta)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.