Calidade de visible
Etimoloxía
Voz que procede da do latín tardío visibilĭtas, -ātis ‘calidade do que é visible’.
Exemplos *
“Non se pretende facer historia "compensatoria" falando destas tres mulleres concretas, senón de reivindicar a visibilidade das mulleres no devir histórico igual que aquilo de que "o pobo que non coñece a súa historia está condenado a repetila.” (M.D.: Galicia Hoxe, 2-4-2009)
“O acto pretendía dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC e ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as alumnas e alumnos dos institutos de secundaria de Galicia.” (AA.VV.: Díxitos. Novas do Centro de Supercomputación de Galicia, 6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.