visibilizar

Facer visible

Etimoloxía

Derivado sobre o adxectivo “visible” ao que se engade o sufixo erudito –izar que forma verbos factitivos.

Exemplos *

“Na miña opinión visibilizar ás mulleres supón avanzar máis, debe ir acompañado dun plantexamento pedagóxico que lles outorgue un protagonismo real.” (Mariola Artuch Aguirre: Galeduso. Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, 2011)

“...co obxectivo de crear un cambio de mentalidade na nosa sociedade, de visibilizar os esforzos das nosas compañeiras de Salem e en último termo recadar os fondos que por xustiza precisamos contribuír para apoiar o seu traballo.” (María Reimóndez: Galicia Hoxe, 20-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.