visita

Acción de visitar

Etimoloxía

Derivado regresivo do verbo “visitar” que procede do latín visitāre ‘ir ver’.

Exemplos *

“...non explica as causas nin os resultados das súas viaxes institucionais, que no que vai de lexislatura inclúen visitas a Arxentina, Uruguai, Cuba, Portugal, China, Francia, Reino Unido, Israel, México e, recentemente, a Miami e Nova Iork, nos Estados Unidos.” (X.M.P.: Sermos Galiza, 23-5-2019)

“O rapaz saíu aplicado e fixo carreira maior con moi boas notas. Seguiu estudando e as súas visitas á aldea fixéronse máis escasas e mesmo terminou levando os pais para a vila.” (Xavier Senín: O alfaiate portugués, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.