Pequeno mamífero da familia dos mustélidos, do tamaño dun furón aproximadamente e co pelo curto de cor parda, do que existen dúas especies
Etimoloxía
A orixe da voz está no francés vison de significado semellante. O nome científico é mustela vison.
Exemplos *
“O visón chegou ás Cíes a nado, probablemente dende as costas de Baiona, onde a mediados dos 2000 se produciron varias soltas intencionadas desta especie exótica tan apreciada pola industria peleteira.” (Diana Mandiá: GCiencia, 11-2015)
“Xa na actualidade lemos na prensa os problemas que están a traer os visóns americanos escapados das granxas peleteiras, a ameaza que constitúe o galápago de Florida para as nosas tartarugas autóctonas.” (Rafael Bañón Díaz: Cerna, 27, 3-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.