visor

Dispositivo óptico que serve para encadrar, enfocar ou observar a imaxe nunha cámara fotográfica, de cine, de televisión etc., ou para corrixir ou dirixir a puntaría dunha arma de fogo

Etimoloxía

Voz que formada co termo do latín visus, participio pasado de vidēre 'ver', e o sufixo -or que en substantivos deverbais significa ‘axente’.

Exemplos *

“Alí aguantou sen a penas pestanexar eu que sei que de tempo, que incluso a min se me fixera interminábel; cando me fartei de velo sufrir a través do visor daquela miña Linhoff, decidinme, á fin, a disparar. As fotos quedaron descentradas, como era de esperar.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro, 1994)

“Ás veces a visión da cámara é máis potente que a dos meus ollos. Só permanece aquilo que é encadrable, que me chega polo visor. Pero tamén selecciono, non todo é digno de ser conservado.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.