vista

Sentido polo que se percibe a forma e mais a cor dos obxectos

Etimoloxía

Palabra froito da substantivación do participio pasado en feminino de “ver” que procede do verbo latino videre ‘ver’.

Exemplos *

“Musguei os ollos para tentar adaptar a miña vista á luz que entraba pola porta.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Cavilou que el tamén ía perder a vista, que xa logo precisaría de gafas e despois nin lle valerían as gafas e tería que levar uns lentes negros, de cego, de eivado, de impedido, de inútil.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.