vítima

Persoa que resulta ferida ou morta.

Etimoloxía

Chegou desde o latín victima, -ae, denominación da persoa ou animal que se destinaba a un sacrificio relixioso.

Exemplos *

"… nos países occidentais a homenaxe ás vítimas do xenocidio nazi conmemórase o 27 de xaneiro, día da liberación do campo de Auschwitz polas tropas soviéticas." (Galicia Hoxe 22-04-2009)

"… hoxe en día inzan os estudos microhistóricos. Grazas a eles sabemos moito máis sobre as precepcións da vítimas, dos perpetradores e dos colaboradores do Holocausto …" (Tempos Novos 09-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.