viúvo -a

Persoa que perdeu o seu cónxuxe por falecemento e que non volveu casar.

Etimoloxía

Parte do latín viduus, -a, -um, co mesmo significado.

Exemplos *

"… acaso parodiando a Rosalía -"viúvas de vivos (emigrados) e viúvas de mortos" (mariñeiros afogados)- distinguiu, como sabemos, entre a parroquia dos vivos -a real- e a dos mortos: a simbólica." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

"… Manuel Murguía, quen debeu de ser o seu propietario orixinal e quen, xa viúvo, deu ao prelo un feixe considerable de poemas inéditos da súa finada esposa." (Henrique Monteagudo e María Xesús Lama: Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.