Lugar onde se habita
Etimoloxía
Palabra procede do latín vulgar *vivenda ‘cousas coas que se debe vivir’ que vén do latín vivendus, participio futuro de vivere ‘vivir’.
Exemplos *
“En Vigo consérvase o oppidum do Castro, recentemente recuperado como xacemento de interese histórico, e a vila de Toralla, fermosa vivenda da época baixoimperial situada nunha zona de praias.” (Anxo Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil: Novas do Eixo Atlántico, 2-2015)
“Lucía sospeitaba que naquela ateigada illa a súa vivenda estaba especialmente cobizada e probabelmente Rosario estivese na procura do máis mínimo erro para xustificar o seu desafiuzamento inmediato.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.