vixía

Persoa encargada de vixiar

Etimoloxía

Voz relacionada co verbo “vixiar” que vén do latín vigilāre 'velar, vixiar, estar alerta, non durmir'.

Exemplos *

“Se algún perigo real pairase sobre Eea serían as miñas vixías as que acudirían prestas a me alertar.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“A súa presenza no camiño fora advertida por sentinelas e vixías, así que a súa chegada ao castelo non foi inesperada.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.