Privación de comer carne por precepto da Igrexa e día no que se realiza esta privación
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe na latina vigilia ‘vixilancia’, ‘garda’ e un dos catro períodos no que os romanos dividían a noite.
Exemplos *
“E aínda que sobre comida, e sexa obrigado gardar os venres de vixilia nada é tan estrito hoxe en día.” (Francisco Ant. Vidal: La voz de Galicia, 4-3-2017)
“Ás doce en punto terminaba o Entroido e comezaba a Coresma, xa con vixilia reservada; e o que non tivese ceado quedaba sen cear.” (Manuel García Barros: Aventuras de Alberte Quiñoi, 2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.