voandeira

Molusco da clase dos lamelibranquios moi parecido á zamburiña, con cuncha de contorno arredondado, con orellas desiguais, formada por dúas valvas convexas, a de arriba un pouco máis aplanada, de cor variable

Etimoloxía

Palabra creada sobre o verbo “voar”, xógase coa hipótese de que se faga unha analoxía co xeito de nadar do molusco semellante ao voar dos paxaros.

Exemplos *

“Da vieira cómese o músculo branco que une as dúas valvas e mailo coral. A vieira (Pecten maximus) distínguese da voandeira (Chlamys opercularis) e mais da zamburiña (Chlamys varia) porque ten as dúas orellas do mesmo tamaño e simétricas.” (Xosé Martínez Couselo: O Correo Galego, 19-5-1999)

“A desaparición progresiva de areais e a modificación da circulación de auga salgada nas rías por mor do cambio climático levou a unha redución significativa da actividade de marisqueo a pé e dende embarcación con rastro de man. Das especies tradicionais as que mellor resistiron foron a voandeira (Chlamys opercularis) e a ameixa rubia (Venerupis rhomboideus) por ter o seu hábitat natural máis fondo.” (Xavier Queipo: Luzes, 5- 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí