Conxunto de palabras de que dispón unha lingua ou que unha comunidade ou individuo é capaz de utilizar
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín medieval vocabularium, este deriva do latín clásico vocabŭlum 'palabra'.
Exemplos *
“Paciencia era outra das recomendacións favoritas do avó, e a min facíame moita falta, porque non formaba parte do meu vocabulario.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
“Claro que o vocabulario da Chaira era arisco e forte en tódalas linguas, tanto na dos homes como na das mulleres.” (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.