vocalista

Persoa que canta nunha orquestra ou nun conxunto musical

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “vocal” que procede do latín vocālis ‘dotado de voz humana’.

Exemplos *

“O animador pasou o verán a percorrer o país, que chegou a coñecer coma a palma da man. Procuraba poñerse diante para informarse sobre os sitios polos que pasaban. Ao vocalista non o volveron chamar para cantar na igrexa.” (Xavier Senín: O alfaiate portugués, 2016)

“El ía de Home Orella para Luís Terranova. Era a memoria, o fornecedor de letras, e a súa escoita. Estaba a prepararse para intentar, á fin, ir de vocalista nunha orquestra das festas.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.