vodka

Bebida alcohólica de procedencia rusa, que se obtén por destilación de cereais (cebada, centeo, trigo etc.)

Etimoloxía

Préstamo ruso procedente da palabra vodka, diminutivo de voda ‘auga’.

Exemplos *

“Nos andeis había unha gran variedade de bebidas, vodkas e champañas de importación (...), whiskies.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Pensamos que, se o vodka nos seus inicios se facía de pataca, aínda que despois se foi cambiando a cereais como o trigo, ¿por que coa calidade de patacas que hai en Galicia non imos facer un?.” (María S. Sieira: De Luns a Venres, 10-1-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.