Mover os remos para impulsar unha embarcación
Etimoloxía
Crese que vén do italiano vogare e este do latín vocare 'chamar os remeiros'.
Exemplos *
“Sobre o lago próximo, as barcas apenas avanzaban movidas por brazos dobremente inexpertos: brazos alleos ao esforzo dos ritmos asimétricos da arte de vogar e brazos debutantes nesoutra aventura por cingir, apreixar, rodear e abranguer o corpo amado...” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)
“Axiña comprobou que a balsa, anque de ínfima calidade, flotaba perfectamente e tiña a autonomía desexada, polo que asentou os dous remos e comezou a vogar para afastarse da ribeira.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.