voleibol

Deporte no que se enfrontan dous equipos de seis xogadores, que lanzan, coas mans, unha pelota por riba dunha rede situada no centro do campo de xogo, coa intención de que toque no campo do equipo contrario

Etimoloxía

Vocábulo froito da adaptación do equivalente do inglés volleyball.

Exemplos *

“Claro, vou ir xunto a eles convencelos de que vaian tomar unhas cervexas ao bar do aeroporto. Ou á praia a tomar o sol e a xogar ao voleibol, xa postos.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“Deste modo tratamos de completar a educación deportiva que se inicia no colexio público onde fan competicións de atletismo, voleibol, fútbol sala, etc .” (AA.VV.: A Peneira. Xornal galego de información xeral, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.