Acción e efecto de volver ou regresar
Etimoloxía
Palabra que bebe do latín vulgar *voluta que procede do participio pasado do verbo volvere ‘facer rodar’.
Exemplos *
“De volta en Galicia escribinlle disculpándome e felicitándoo pola fidelidade que lle gardaba ós seus ancestros.” (Xosé Neira Vilas: O Correo Galego, 24-12-2000)
“Aquel día, ao solpor, de volta de Monforte cara Maceda, no teito do coche da feira viaxaba unha misteriosa caixa de morto que cargaran en Bouzas, obra primorosa do señor Nicasio, ebanista de arte e de oficio. E aconteceu que se puxo a chover unha porfiada treboada do demo.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.