Persoa que se ofrece por vontade propia para facer algo
Etimoloxía
Palabra que chega desde o adxectivo latino voluntarius, -a, -um ‘que o fai por vontade propia’.
Exemplos *
“Cada voluntario converteuse nunha formiguiña afanosa sobre os areais, baixo o cobertor dunha borraxeira que non se daba disipado.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)
“O voluntario achegouse aos adolescentes e obrigou a Pereira a afrouxar a presa.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.