Pensamento de facer certa cousa ou desexo de que se leve a cabo
Etimoloxía
Nome que chega desde o latín voluntatis de significado semellante.
Exemplos *
“Coa vontade inventora dun destino fabricado a medida e conveniencia da fantasía, asumimos os días e sostemos a propia vida.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Era unha muller de moito carácter e mandaba nos fillos coma se fosen bens da mesma facenda. Na casa cumpríase a súa vontade sen máis miramentos.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historia de Compostela) / O tío Eduardo, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.