votación

Acción e efecto de votar

Etimoloxía

Palabra derivada do verbo “votar” e este procede do latín medieval votare ‘prometer en voto’.

Exemplos *

“Aquí manda a tripulación. -Calico sentíase apoiado polos homes. A votación levárase a cabo malia as protestas de Vane e só quince homes estaban con el.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)

“Nós pediamos democracia interna, e tivémola. Someteuse a votación a nosa expulsión, todos levantaron a man.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.