voto

Declaración da propia vontade nunha asemblea, reunión, elección etc., respecto a algo que se propón ou se consulta ou a alguén que se elixe para un cargo, mediante a cal unha persoa escolle unha das posibilidades que se presentan

Etimoloxía

Palabra que deriva do latín votum, -i que alude ao ‘voto ou promesa feita aos deuses, desexo’.

Exemplos *

“Esas son trapalladas coas que enganan ós papardas e aparvados que lles van levar o voto.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Son perto de 280.000 os electores inscritos nos censos de residentes ausentes que estarán en condicións de emitir o seu voto o próximo maio nas eleccións municipais.” (X.C.: A Nosa Terra, 06-02-2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.