vulcanólogo, -a

Especialista en vulcanoloxía

Etimoloxía

Formación híbrida sobre a base “vulcan(i-o) que vén do latín Vulcanus ‘Vulcano, deus do lume’ que serviu para formar cultismos relacionados cos volcáns e o sufixo grego logo ‘especialista en’.

Exemplos *

“Alicia Felpeto, lucense criada na Coruña, doutora en Ciencias Físicas, é vulcanóloga do IGN, con base en Madrid. Como os seus compañeiros, pasou días na illa e regresará a ela.” (S.G. Rial: La Voz de Galicia, 24-10-2021)

“Pasados 4.500 millóns de anos, a enerxía interna do globo segue dando problemas, pero dende hai séculos, os xeólogos, e concretamente os vulcanólogos, estudian os volcáns. Así, actualmente é moi difícil que unha erupción os colla por sorpresa.” (Xerardo Neira: O Correo Galego, 13-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.