vulva

Parte externa do aparello reprodutor dos mamíferos femias.

Etimoloxía

Procede da forma idéntica do latín, que denominaba tanto a vulva como o útero.

Exemplos *

“Un mito dinos que Venus nace dunha cuncha _unha vulva_ na que o mar deposita a súa escuma _o seme_.” (Xosé Ramón Mariño Ferro: O sexo na poesía popular)

“Na entrada da vaxina desembocan as glándulas de Bartholine que […] poden inflamarse por gonococos ou por algunha outra irritación, entón ademais destas glándulas engordan tamén os beizos das vulvas …” (Elisardo Bralo Rego: Medicina popular natural e caseira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí