Bebida alcohólica que se obtén por destilación de certos cereais, xeralmente avea, centeo e cebada
Etimoloxía
Tomado do equivalente inglés whisky que bebía do gaélico uisge beatha ‘auga de vida’.
Exemplos *
“Alek nunca bebe e agora está borracho na barra, co oitavo whisky e o seu gato roxo, desgairado e de patas longas.” (Ignacio Escolar: 31 noites, 2012)
“Apura o seu whisky mentres agora é el quen contempla a noite instalada sobre a ría de Vigo.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.