Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, e os canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe no árabe yabalî, co mesmo significado.
Exemplos *
“...como o sol no seu punto álxido á hora en que eu baixaba pola Costa de Xuvia , camiño de ningures , a piques de cruzar a ponte pola que o Padre Sarmiento pasara cando aínda era de madeira , cos animais totémicos dos Andrade, oso e xabaril , defendéndoa.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda / Onde a ponte que xa non leva, como levaba, os animais totémicos dos Andrade, 2010)
“Alí, xusto á beira do chantón, está a escopeta de caza grande, a que cospe os balotes para que o xabaril non volva nunca a estragar os maínzos (...)” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


