Xogador e xogadora de xadrez
Etimoloxía
Palabra derivada por sufixación tomando como base “xadrez”, que vén do árabe hispánico aššiṭranǧ, que remite ao clásico šiṭranǧ e este ao sánscrito chaturaṅga ‘de catro membros’.
Exemplos *
“Anand, nacido en Madrás (India, 1969), situouse á altura dos mellores xadrecistas co seu segundo triunfo no Torneo Ciudad de Linares-Morelia, nove anos despois de que o fixese sendo un mozo precoz.” (E.P. e F.P.: Galicia Hoxe, 12-3-2007)
“O xadrecista nútrese dos acertos e dos erros do rival, da análise da acción inimiga, e só con ela logra medrar intelectualmente na partida.” (Carlos Arias: O Correo Galego, 20-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.